Café literario

O grupo de adultos do club Xerfas reuniuse esta semana nun faladoiro para comentar o libro La mansión Dax, de César Mallorquí. Entre cafés e bombóns falamos sobre as experiencias vitais de Sebastián Dax e Alejo Zarza, os dous personaxes principais do libro. Tamén debatemos sobre a forma en que está escrito o libro e se desenvolven as historias dos protagonistas. A novela gustounos a todos os membros do grupo, que a recomendamos, non só porque a trama sexa entretida e a lectura sinxela, senón tamén pola súa magnífica presentación dos personaxes e a sociedade e os espazos en que transcorre a acción, o Madrid do século XIX. O autor fíxonos sentir como se estivesemos vivindo os feitos in situ, contemplándoos en primeira persoa. Ademais, Mallorquí explica tamén todos os segredos dun dos "oficios" máis antigos do mundo, o de ladrón. Animádevos a ler esta novela, rematarédela nun abrir e cerrar de ollos.



Comentarios