A trenza

Esta semana cos "pequenos" do club Xerfas tivemos a oportunidade de pasar unha magnífica xornada comentando o libro A trenza, de Laetitia Colombani, que nos deu moito xogo. Comezamos lembrando o contido do libro e as historias de Giulia, Smita e Sara e as súas familias. Ó ir vendo como se entrelazaban nunha trenza as súas experiencias, puidemos comprobar o proceso de globalización ó que está sometido o mundo actualmente.

A TRENZA | LAETITIA COLOMBANI | Casa del Libro 

E despois fixemos unhas actividades interdisciplinarias en relación co libro. Practicamos un pouco de xeografía localizando nun mapamundi mundo os lugares en que se desenvolven as historias do libro. Tamén puidemos coñecer como se organiza e funciona a sociedade da India a través do sistema de castas. Por suposto, non deixamos atrás a mitoloxía e a relixión hindú, e coñecemos a Brahma, Vishnú e Shiva. E ata nos deu tempo a facer un pouco de cine e ver o comezo da película Slumdog millionaire, que retrata en certo modo o tipo de sociedade no que vivían Smita e Lalita, dúas das protagonistas do libro.

 




 

 

 

 

 

Unha xuntanza moi entretida, a verdade. Os que queirades aínda podedes apuntarvos ás actividades do club, xa vedes que o pasamos de marabilla. Animádevos!!!



Comentarios