Voluntariado na biblioteca

Un curso máis o equipo de biblioteca do instituto vai solicitar a participación na iniciativa Voluntariado na biblioteca escolar, integrada no programa Bibliotecas escolares solidarias, organizado polas consellerías de Política Social e de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Mediante esta iniciativa ofrecémoslle ó alumnado que estea interesado en participar nela a posibilidade de colaborar con nós na organización e a xestión da biblioteca e comprometémonos a proporcionarlle unha formación básica relacionada co funcionamento dunha biblioteca escolar. Ó finalizar o programa, o alumnado participante menor de idade recibirá un diploma expedido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado como recoñecemento do seu labor.

Animádevos a participar nesta iniciativa!!! Todos os que esteades interesados podedes pasar pola bilbioteca o venres 9 de decembro no primeiro recreo para coñecer todos os detalles sobre esta actividade de voluntariado.



Comentarios