Encontro sobre a violencia de xénero

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero no día de hoxe os alumnos de 2º de bacharelato e de ciclos formativos tiveron a ocasión de manter un encontro no centro con tres mulleres da asociación contra a violencia de xénero ESMAR. Grazas ós seus testemuños e a narración das súas experiencias vitais persoais puidemos coñecer o terriblemente crúa e daniña que pode chegar a ser a violencia de xénero, non só no aspecto físico, senón tamén no psicolóxico. As súas palabras serviron para ensinarlle ó alumnado como se chega a iniciar e desenvolver unha espiral de violencia dentro dunha parella, e tamén para conciencialos sobre a necesidade de previr e erradicar esta terrible mancha da nosa sociedade. Dende o equipo de biblioteca, a vicedirección e a coordinación de igualdade do instituto queremos agradecerlle enormente á asociación ESMAR e a Sole a súa colaboración connosco, e tamén recoñecer a valentía, a fortaleza e a enteireza coas que Yaiza e Camila nos contaron o calvario polo que pasaron. Moitísimas grazas, parabéns polo voso traballo e AFOUTEZA!!!



 

Comentarios