"Como busca parella o animal que levamos dentro?"

Día especial para a biblioteca Aloia o de hoxe, xa que contamos no noso centro coa presenza do profesor, investigador, científico, escritor e divulgador Jorge Mira, unha actividade en cuxa organización nos axudou, e moito, Irene, a nosa vicedirectora. O alumnado de 4º de ESO e 1º de bacharelato foi o que tivo a ocasión de asistir ó relatorio do noso convidado, que levaba por título "Como busca parella o animal que levamos dentro?". Jorge explicounos, co seu estilo habitual, como se foron orixinando e desenvolvendo co tempo os órganos sexuais dos homes e as mulleres e a atracción dun sexo polo outro. Polo camiño, tratou tamén cuestións relacionadas coas enfermidades de transmisión sexual e co virus do papiloma humano e o cancro de colo uterino. Grazas, Jorge, por aceptar o convite do noso centro e facernos pasar un bo rato e aprender moito. 



 

Comentarios