Reunión do club de lectura de adultos

Este pasado luns comezamos cheos de ilusión unha nova aventura: por primeira vez nos últimos cursos imos ter no club Xerfas un grupo de lectura de adultos, que estará formado por catro alumnos de ciclos formativos, unha alumna da ESA e dous profesores. Nesta primeira xuntanza compartimos un café e un delicioso biscoito que nos trouxo a profesora Irene, e aproveitamos para presentármonos e coñecérmonos, e tamén para falarmos sobre os nosos gustos literarios, últimas lecturas, outras afeccións... Tamén debatemos entre varias propostas sobre cal sería o libro que imos ler para a seguinte reunión e o "agraciado" foi La mansión Dax, de César Mallorquí. Agardamos que sexa unha lectura pracenteira. Informaremos sobre ela despois da seguinte xuntanza.


Comentarios