Mundo fúnxico

A profesora Miriam, do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, volveunos preparar unha magnífica exposición sobre eses marabillosos fungos que son os cogomelos, que tanta satisfacción lle dan ó noso padal, aínda que ás veces tamén provocan algunha desgraza que outra. Pasa pola biblioteca para ver a exposición e aprender un pouco máis sobre os cogomelos: cales son as súas partes, que hai que ter en conta para identificalos, cales se poden comer e cales non, cando e como collelos, os seus hábitats etc. E non queremos rematar esta publicación sen agradecerlle enormemente a súa colaboración á asociación Adenco, que unha vez máis foi clave para poder preparar esta mostra de cogomelos.


 

 

Comentarios