Concurso de debuxo mitolóxico-astronómico

Para rematar as actividades coas que conmemoramos o Mes da Ciencia en Galego, dende o equipo de biblioteca e o EDL organizamos un concurso de debuxo que combina os coñecementos astronómicos cos mitolóxicos. Trátase de escoller unha constelación que garde relación con algún mito antigo ou algún protagonista dun mito e de crear un debuxo que ilustre ese mito ou personaxe. Pensamos que esta é unha boa maneira de estimular a capacidade creativa do noso alumnado, animándoos a adentrarse tamén no mundo das artes plásticas. Agardamos contar cunha boa participación, así que xa sabedes, TODOS A DEBUXAR!!! Podedes consultar as bases do concurso facendo clic nas seguintes imaxes.




Comentarios