Arranca o club de manga!!!

O luns 14 de novembro tivo lugar a primeira xuntanza do grupo de manga do noso club de lectura. Para comezar, unha reunión dos organizadores do grupo, que este curso serán Sara, de 3º de ESO, e Alex e Alejandro, dous antigos alumnos do centro e dous auténticos apaixonados do manga, que se ofreceron a seguir colaborando co grupo na organización das actividades. Alejandro non nos puido acompañar presencialmente, pero sumouse á reunión por videochamada. 



 

 

 

Nesta primeira xuntanza organizáronse as actividades que se van desenvolver na primeira reunión do grupo completo, que será o próximo luns día 21. Ademais, para ese mesmo día organizamos unha xornada de portas abertas á toda a comunidade educativa, así que, xa o sabedes, todos os queirades podedes acompañarnos na reunión do próximo luns día 21 a partir das 15.00 h para coñecer como funciona o grupo de manga e o tipo de actividades que nel organizamos. Vide coñecernos e animádevos a apuntarvos, que aínda estades a tempo.


Comentarios