1ª reunión do grupo de manga

O pasado luns tivo lugar a primeira reunión do grupo de lectura de manga e os organizadores (Sara, Alejandro e Alex) deleitáronnos cunha magnífica presentación de introdución ó mundo do manga e o anime: as súas orixes, os seus xéneros, as sagas máis famosas... Ademais, tamén prepararon un entretido concurso baseado en adiviñar a que anime pertencían os opening que proxectaron e os personaxes que nos amosaron. Foi unha sesión moi amena para comezar as actividades deste curso.









Comentarios