Formación de usuarios

Esta semana o equipo de biblioteca impartiu as xornadas de formación de usuarios, nas que participou o alumnado de primeiro curso da ESO, o bacharelato, os ciclos formativos e as ensinanzas de adultos. Nelas puidemos explicarlles as normas de organización e funcionamento da biblioteca, os espazos e servizos cos que conta, a distribución dos fondos e como localizalos, as actividades que dende ela organizamos e moito máis. Deixámosvos aquí unhas fotos para que vexades como traballou o noso alumnado nos xogos que lles preparamos para que practicasen o que lles explicamos.

 


 


 

 


 

 


 


 


Comentarios