Concurso de podcasts de misterio e terror

Para celebrar o Samaín, este ano os equipos de biblioteca e de dinamización da lingua galega propoñémosche un concurso un pouco diferente ó de anos anteriores, que consiste en crear un relato de misterio e terror, pero que debe ter o formato dun podcast ou arquivo de son. Nas imaxes que aparecen a continuación poderás consultar as bases. ANÍMATE A PARTICIPAR e fainos tremer a todos cun podcast verdadeiramente arrepiante. Lembra que o prazo para presentar os podcasts na biblioteca remata o xoves 27 de outubro. BULE!!!




Comentarios