Club de lectura Xerfas

Un ano máis o club Xerfas, o club de lectura do IES Indalecio Pérez Tizón, volver á carga e xa estamos a organizar os grupos de lectura para este ano. Agardamos poder seguir contando con vós un curso máis para organizar o club de manga e o club de lecturas que non é de manga. Ademais, este ano ofrecémoslles tamén ás familias a posibilidade de organizar un club de lectura de adultos e mesmo a oportunidade de acompañarnos tamén nos grupos de lectura co alumando. Podedes consultar toda a información sobre o noso club de lectura e sobre o proceso de inscrición facendo clic nesta ligazón. Non vos despistedes, que o prazo para apuntarvos e entregar as autorizacións remata o 14 de outubro. LEMBRADE PASAR POLA BIBLIOTECA PARA ANOTARVOS. APURADE!!!



Comentarios