Letras galegas 2021

 


Xa temos todo preparado para celebrar as letras galegas 2021. Podes ver aquí todas as actividades:


Empezamos cunha proposta de libros sobre Xela Arias que podedes atopar no nosa biblioteca (pincha nas iconas para acceder aos enlaces)


O equipo de biblioteca realizou unha selección de poemas desta autora para traballar na clase ou simplemente para gozar da lectura.


Deixamos tamén un vídeo coa lectura de poemas a cargo de alumnas/os de 1º bacharelato. A idea é compartir a lectura aínda que sexa de xeito non presencial.


E por último, temos preparado un superconcurso para coñecer quen é a/o que máis sabe sobre as Letras de todo o instituto (dispoñible a partir do venres 14 de maio). Por suposto, haberá premio para o/a gañador/a. Deberase entregar o cuestionario completo e sen erros. No caso de existir varios/as acertantes, gañará a/o que primeiro o entregue.





Comentarios