Mochilas viaxeiras

Xa están preparadas as mochilas viaxeiras! Este ano decidimos cambiar a imaxe, sustituíndo as mochilas, que xa estaban en moi mal estado, por bolsas co logo da nosa biblioteca. Demos prioridade ao álbum ilustrado e libros de divulgación axeitados para o alumnado de 1º ESO, incluíndo en cada bolsa un libro de poesía e algún exemplar de arte, música e ciencia, ademais de algunha novidade editorial para  as nais e pais. O noso obxectivo é que as rapazas e os rapaces levan á súa casa unha mostra do tipo de fondos que poden atopar na nosa biblioteca.

Comentarios