Noches de baile en el infierno

Noches de baile en el infierno é unha antoloxía de relatos de terror relacionados con bailes de instituto típicos dos institutos norteamericanos. Algúns deles veñen asinados por autoras xa consagradas da literatura xuvenil (Meg Cabott, Stephenie Meyer...). Para esta xornada de Samaín propoñemos a lectura do primeiro deles (La hija de la exterminadora, de Meg Cabott), posto que, como xa sabedes, este ano celebramos a conmemoración do douscentos aniversario da publicación do primeiro conto literario coa figura do vampiro: El vampiro de J. W. Polidori. O relato de Cabott conta cun terrorífico vampiro e cunha cazavampiros que ten que salvar aos seus compañeiros.
Se queredes pasar un rato abafante non volo perdades. Premede na imaxe e accederedes ao texto:
https://drive.google.com/file/d/1Zm3DNCNbTMCuOoxKyq6VT_-qeIRffUqs/view?usp=sharing
La hija de la exterminadora

Comentarios