Proxecto viaxes





Este curso 2018/2019, lanzamos dende a biblioteca a idea de traballar un tema común nas diferentes materias e departamentos, as viaxes. 

A partir de aí, tivemos propostas moi diferentes, dende roteiros literario e musicais, ata migracións animais e exploracións, pasando por viaxes de heroes mitolóxicos, préstamos lingüísticos ou a paixón dos artistas por lugares exóticos. Realizamos infografías, carteis explicativos, exposicións orais, un libro de artista, postais ou vídeos. 
Podedes ver unha mostra dos traballos aquí: fotosvídeo

Moitas grazas a todos os que colaborastes, tanto profesorado como alumnado. 


Comentarios