Festa remate de curso



Este xoves quixemos agradecer todo o traballo, compromiso e talento das nosas alumnas e alumnos cunha pequena festa na biblioteca. Repartimos agasallos para as gañadoras do concurso de caligramas.




Tamén houbo agasallo para os participantes no concurso de fotografía matemática.


E por suposto, para as voluntarias e voluntarios de biblioteca, con agasallo dunha bolsa co noso logo para que a enchades de libros para ler no verán.



Para rematar a festa, pinchos e moita satisfacción polo moito traballo.




 Moitas grazas a todo o profesorado, alumnado, pais e nais que colaborastes con nós.

Comentarios