Feliz día das namoradas e namorados!

Hoxe tivemos na biblioteca a nosa primeira bookdate, unha cita con lectores e lectoras na que se degustaron exquisitos poemas, relatos e cancións. 



Ademais, as rapazas e rapaces de 1º da ESO fixeron uns preciosos caligramas con poemas en portugués. Van estar expostos nos próximos días para que podades visitalos e votar polo voso preferido.






E todo isto, coa decoración do corredor e a biblioteca que realizaron o alumnado voluntario de biblioteca. Esperamos que o pasárades ben. 
Moi bo traballo a todas e todos!

Comentarios