Samaín 2018

Como xa sabedes, este ano entre outras efemérides conmemoramos o centenario do nacemento de J.D. Salinger, o autor de O vixía entre o centeo. Esta novela presenta como protagonista a Holden Caulfield, un adolescente que fuxe do seu internado e comeza unha viaxe noctuna pola cidade de New York. Neste periplo vai reflexionando sobre a súa vida, a súa familia e amistades, a sociedade e a forma de ver o mundo en xeral, dando cabida a elementos rexeitados socialmente. Por iso, esta novela convertiuse en paradigma do realismo sucio norteamericano (tendencia que se desenvolveu despois da II Guerra Mundial), e o seu protagonista no prototipo de adolescente inadaptado. Por iso moitos grupos musicales de rock contemporáneo tomaron O vixía entre o centeo como fonte de inspiración para algunhas das súas cancións, ao ver en Holden un espello do que eles mesmos pensan. Aquí vos deixamos unha selección dalgunhas das frases máis célebres do libro e cancións inspiradas nesta obra.



Por último, se queredes saber cal é o vínculo entre John Lennon e O vixía entre o centeo non esquezades pasar pola Biblioteca. E xa sabedes, se non desexades convertirvos nun asasino, non lexades este libro.

Comentarios