Mercado solidario

O equipo de biblioteca está organizando un mercado solidario de libros para axudar aos afectados pola pirotecnia de Paramos. A nosa intención é darlle aos libros que xa lemos unha segunda oportunidade e, sobre todo, mostrar todo o noso cariño e solidaridade aos veciños e veciñas de Paramos. Habilitaranse varios puntos de recollida de libros no instituto e contamos cun grupo de estupendos voluntarios e voluntarias que se encargarán de organizar todo. 

Comentarios