Exitazo do mercado solidario!

Co galo do Día das Bibliotecas Escolares, e lembrando a desgraza que sufriu Paramos o ano anterior, este curso académico organizamos un Mercado Solidario de Libros, a partir de donacións de diferentes membros do centro (alumnado, profesorado, persoal non docente, pais...). Os fondos recaudados foron entregados ás familias afectadas pola tristemente célebre pirotecnia.

Estamos abrumadas e abrumados pola cantidade de libros que recollemos e a solidariedade e colaboración de toda a comunidade educativa. Unha mención especial ao alumnado voluntario. Moitas grazas a todas e todos!

Comentarios