Letras galegas 18

Cartel para Tui Le 18
María Victoria Moreno Márquez, naceu en Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) o 1 de maio de 1939 e finou en Pontevedra o 22 de novembro de 2005. Foi unha editora, tradutora, conferenciante, escritora de literatura infantil e xuvenil galega e profesora de lingua castelá no ensino secundario en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. O seu texto máis coñecido é Anagnórise (Galaxia, 1988), vinte veces reeditado e traducido a varias linguas.

En 2018 é a figura protagonista do Día das Letras Galegas, sendo a cuarta muller, tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño, que leva ese recoñecemento na historia da celebración.


Exposición da obra de
 María Victoria Moreno
 na Biblioteca.


       
 O alumnado de 1º ESO 
asistiu o venres 11 de maio á 
actividade Tui Le 18,
na Praza de San Fernando en Tui, 
recitando poemas de 
María Victoria Moreno 
do seu poemario 
Elexías de luz.

Exposición de portadas
dos libros da autora

Comentarios