Visita de Sonia Mirón

" A elección da lectura dun libro é coma a elección da variña de Harry Potter. Nós non escollemos o libro, o libro escóllenos a nós"
 Sonia Mirón


Así comezaba o seu relatorio a nosa convidada este 23 de abril, o día no que se homenaxea o libro. Tivemos a sorte de contar no centro coa presenza de Sonia Mirón , unha escritora viguesa de literatura xuvenil que xa conta con dúas obras da súa factura: " Si tu quieres" e " Un sol dentro de mi"
Ademais de comentar ao alumnado de 2º ESO e 3º PMAR diferentes aspectos da construción da súa segunda novela, Sonia charlou con eles e tivo a amabilidade de contestar a todas as nosas preguntas.
Dende o departamento de Lingua Castelá e da Biblioteca queremos agradecelle sinceramente a súa boa disposición e a xentileza que mostrou co noso alumnado e instámoslle a que remate canto antes a súa terceira novela e que volva ao centro a falarnos dela.








Comentarios