O estudo do Universo

O alumnado de 1º da ESO elaborou numerosas maquetas e carteis para achegarse ao estudo das estacións, das fases da lúa,  aos planetas do sistema solar... e tanto traballo non podía quedar agochado  😉. Tanto na  biblioteca, como na entrada ao pabellón B, estes días podedes ver algunhas das maquetas feitas:



Ademáis, o próximo 11 de febreiro célebrase O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e rescatamos os nomes de algunhas científicas relacionadas con esta temática:


Información recollida coa colaboración de Lucía Soutelo de 4º ESO.
Xa para despedirmos antes do entroido, se tendes curiosidade por esta conmemoración, podedes consultar a web adicada ao Día internacional da muller e a Nena na ciencia  e ver máis información sobre actividades e bibliografías de científicas.

Comentarios