As letras da Homenaxe a Indalecio...

Hai cinco anos que nos deixaba Indalecio, foi xustamente o 31 de maio e por iso se celebrou nesa data a Gala de Homenaxe na súa honra. En Xerfas puxéronse mans á obra para botar unha man. Por unha banda no teatro que tanto lles gusta, varios membros do Club asistiron a uns obradoiros de Laura Villaverde e prepararon "Crónicas dun Café", que foi todo un éxito. Por outra banda, outro grupiño do club preparou a performance "Rosalía Universal" co recitado do Adiós Rios nunhas cantas linguas... Tamén leron a Manuel María e a Lorca, grazas a Alba e a Samuel Diz, tamén cantamos o himno ao final. Foi unha actividade moi intensa, emotiva pero festiva ao mesmo tempo. O mellor coñecer a arte dos nosos compañeiros, por exemplo de Dani Méndez que cantou Beautiful ou de Ángel, María Ordóñez e Iria que nos impresionaron a todos bailando ballet, e que dicir de Daniela, Alexandre e Dani que tocaron varias pezas con gaita, tamboril e acordeón! Non nos podemos esquecer das Ferreñas do Indalecio que tan ben o fixeron e de Dani e Andrea que bailaron unha muiñeira!
Agradecer intensamente o traballo de coordenación e preparación levado a cabo polo profesor Manuel Rosende Torres.

Foi unha velada inesquencible, NORABOA a todos polo ben que o fixestes!!!


Comentarios