O xurado formado
por:
Miriam Burgos
(profesora)
Conchi Lado
(profesora)
Jorge Suárez
(profesor)
Raquel Bravo (2º
BAC-A)
Aicha El Jabraoui
(2º BAC-A)
Estela Loureiro
(1º BAC-B)
Acordou conceder
os seguintes premios do V concurso de Microrrelatos do IES Indalecio
Pérez Tizón:
CATEGORÍA A
1º PREMIO: María
Ordóñez Gómez de 3º ESO-B
Ía moito frío, todo estaba conxelado. Desde o cristal podíanse ver
os peixes xeados. Tamén estaba toda a horta, había brócoli, fabas.
xudías...todas conxeladas-Entraremos noutra Era Glacial- pensei. O
frío empezábase a apoderar dunha das miñas mans.
-Como non
saques a man do conxelador, a dependenta botaranos da sección de
conxelados- dixo a miña nai.
2º PREMIO: Eva
Ordóñez Gómez de 2º ESO-A
Aquilo era como
un campo dos da miña videoconsola. Unha herba negra e gris, case
palla. E no medio un buraco, sen plantas nin herballos. Coma se
estalase alí unha bomba suicida pero como un virus, que se ía
estendendo e cada día crecía máis e máis polos arredores. O chan
estaba branco e vermello.
-Deixa de mirarlle a calva ao teu pai.
-Deixa de mirarlle a calva ao teu pai.
CATEGORÍA B
1º PREMIO:
Wardia Soukkani Bahri de 2º BAC-B
Noite, a salvo.
Xa terminou o teu obxectivo de sobrevivir unha vez máis.
Entre as sabas cálidas e a escuridade do cuarto evádeste da realidade e mergúllaste na soidade aínda máis profundamente. Alí, onde nada salvo as sombras da túa mente te observen e xulguen.
Onde podes xogar co xa podrido mundo canto e como te veña en gana. Cóbreste para protexerte do filo cortante da realidade. O frío e o cansanzo de escoitar os rumores que ti mesma difundes no teu interior desordénante coma quen desordena un crebacabezas.
Detés o tempo, os teus pensamentos, detés o son e o silencio, detelo todo, e sen darte conta volves estar no punto de partida, outra vez.
Día, a sobrevivir.

2º PREMIO:
Andrés Canosa Troncoso de 2º BAC-A
Conta unha lenda
olvidada que unha vez existiron dous seres destinados a unirse. O
primeiro ser era unha muller delicada, fermosa e de melena prateada.
O segundo, un home moreno, corpulento e chamativo. Permaneceron
xuntos un tempo e tiveron unha filla, pero a atracción transformouse
en repulsión sen saber o motivo. Agora a nena depende do pai,
obrigada a permanecer xunto a el, pero o que el non sabe é que de
vez en cando a nena escapa para ir a xunto da súa nai e así poder
xogar cos seus cabelos prateados agochadas na escuridade, lugar ao
que seu pai non pode chegar. Finalmente, sen que o seu pai o soubera,
a nena foi bautizada como Terra.
Noraboa aos gañadores e gañadoras! Agardámosvos a todos e todas na edición do vindeiro ano.
Comentarios