"POÉTICA" achega a poesía á rede. Coñécela?


Poética” non é un libro en rede. É moito máis. Poética é lectura 2.0. Conxuga moitos recursos para o goce da poesía desde o teu PC, tableta ou móbil. Sae en galego pero tamén en portugués e castelán. A novidade  é que non só les a poesía de Fran Alonso senón que te mergullas nunha rede de versos del e doutros autores aos que se vencella con hipervínculos. Non é un libro "cultureta", senón que se trata dunha proposta lúdica e participativa sobre a materia poética.
 Se che gusta enredar na rede, POÉTICA é o teu libro.

Comentarios