Letras Galegas 2011: Lois Pereiro

  Mala sorte 

E por primeira vez desde que souben
que aínda respiraba e seguía vivo
sei o que é sentir medo a non estalo

Interrompido na mellor escea
cando estaba soñando un soño dérmico
de paixón e beleza
cunha serea distancia literaria e sabia
 

Só ela podía ser tan inoportuna
groseira inculta e pouco delicada
chamándome despois de ter sobrevivido
á confortable atracción do fracaso
e saber dunha vez o que era a vida
amar e ser amado.

Hoxe celebramos na Área Panorámica de Tui a nosa festa particular do Día das Letras Galegas. 
Estou moi contenta porque houbo moita poesía recitada polo alumnado, profesorado,  unha conserxe e unha nai.

O profesor Fernando Saco compartiu connosco a súa vivencia con Lois Pereiro, e Alberto, profe de Lingua e literatura galega, deunos moitas pistas para entender a poesía de Lois.

Foi íntimo e emocionante e todos e todas abrimos o noso espíritu á POESÍA.

Moitas grazas.

Comentarios