Conversa ultramarina

só se trata de empezar a encher este caderno con algo en que apoiarme para non me sentir alleo ó mundo no que neste momento non estás .(21)

Quérote, quéroa, quéroas, quéroos. E xa podo emigrar e remontar o río como un salmón que inicia a súa viaxe. (26)

Velaquí estou de novo, procurando sobrevir coa axuda da Literatura e os amigos. O resto sobra.(28)

Algunha xente superará a ficción coas súas realidades. Cantas historias habitan en tódalas partes. Todo radica en querer e saber captalas. E despois asumilas como humanas. (52)

Teño a pel queimada polo sol, a alma aberta, e os ollos inxectados en sangue; pero penso gardar ben os meus afectos. (56)

Proposta de actividades e información sobre Lois Pereiro AQUÍ

Comentarios