EUME

XUNTO AOS MEANDROS

BAIXO esta fraga, xunto aos meandros,
pensar que é este o lugar máis escondido
para un fuxitivo do mundo.
E vivir no ocio,
e facer do silencio unha disciplina, 
e aprender de novo a respirar,
e a deixar escapar o alento
como un rumor de asas.

                César Antonio Molina, de  Eume






Comentarios