EN OBRAS PERO CON VIDA


Estamos en obras, temos a biblioteca do instituto revolta e isto promete ir para rato. Agardamos novos mobles e hai que facerlle sitio, por iso cambiamos de lugar os ordenadores e revolucionamos parte do mobiliario ... hai libros por todas as esquinas!!!
Pero hoxe era 23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO e había que celebralo.
Había que celebralo e nada mellor que unha boa lectura, intercambio de contos, intercambio de grupos, intercambio de voces: os de 1ºESO léronlle contos aos de 3º e 4º; os de 2º ESO foron ás clases de 2º BACH. e aos Ciclos de Comercio; os de 3ºESO compartiron o conto cos de 1ºESO e 1ºBCH.; os de 4º cos de 2ºESO e os de 1ºBACH comprobaron o atentos que estiveron os do Ciclo de Electricidade.
E, que contos soaron nas clases? Pois este ano foi variadiño:
  • "O paracaídas" de Sechu Sende, do libro Made in Galiza (Na nosa biblioteca 7/2206-C; 7/2207-C; 7/2306-C))
  • "Loubanza da filatelia" de Agustín Fernández Paz, do libro O único que queda é o amor (7/2380-C; 7/2381-C; 7/2382-C)
  • "O Suso" de Méndez Ferrín, do libro O crepúsculo e as formigas ( 7/234-C; 7/233-C; 7/1259-C)
  • "El ruiseñor y la rosa" de Óscar Wilde do libro El gigante egoísta y otros cuentos (6/828-C; 6/829-C)
  • "El paraíso era un autobús" de Juan José Millás que podemos leer en este enlace:

http://www.barcelonareview.com/36/s_jjm_2.htm

Comentarios