VISITA DE RIVEIRO COELLO

O 28 de xaneiro visitounos no Instituto Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964). O escritor galego chegou á última hora da mañá do mércores. VINI, VIDI, VINCI.

Todos e todas querían coñecer o autor dunha das obras máis lidas da lista de libros de lectura no IES Francisco Sánchez, A canción de Sálvora.
Jaime e Tamara de 2º de Bacharelato leron un fragmento desa obra e un texto que o continuaba, escrito por Tatiana.
A continuación falou o autor. E como falou! Contounos como se fixo escritor, un oficio como outro calquera, insistía; como foron os seus comezos, de premio en premio pola xeografía española, ata decidir que el só quería escribir en galego e publicar en galego. Desde entón imparable: Parque central, A canción de Sálvora, Homónima, A quinta de Saler, As rulas de Bakunin, A esfinxe de amaranto, Os ollos de K…

Falounos dese éxito indiscutible que é As rulas de Bakunin. Falounos de cómo utiliza a vida real para crear personaxes, da súa paixón pola música. E, sobre todo, falounos da condición humana do escritor, anécdotas e anécdotas da súa vida normal de home que, coa interpretación do artista, viran fantásticas: "A historia esa do puticlub non pode ser verdade, eh?" Preguntaba alguén.

Gustounos moito a charla, soubo a pouco. Tocou o timbre, marchaban os autobuses e todos e todas sentimos que nos botaban fóra, que ben podiamos seguir unha hora máis.

Riveiro Coello, gustaríanos volver a escoitarte.

Comentarios