CONTINUARÁ

Por fin, conseguimos romper o meigallo que nos tiña atados de pés e mans. Tarde, pero arrancamos novamente.

Cóntovos: este curso cambiamos de programa de xestión da biblioteca, pasamos de Biblio a Meiga e tivemos un inicio de curso de tolemia total, nin idea do programa, nin idea de catalogación e colas de alumnado querendo levar libros, agardando que a biblioteca estivera aberta. Pero, cunhas nocións de aquí e de alá, estamos funcionando, entre algodóns pero funcionando.
Xa podedes vir e levar libros prestados, ademais se traedes consultado o programa dende casa, adiantaredes traballo e teredes que facer menos cola.
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=PED078

Temos moitas ganas de facer actividades, estamos animados porque este curso
concedéronnos o Plan Mellora
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/Resolucion_08_DOG.pdf.
Dixo Eva, alumna de 1ºBH, deixar a biblioteca nas vosas mans é como darlle a un neno pequeno un paquete de lambetadas e pode que teña razón.
Nós estamos dispostos ao atracón, pero xa sabedes que os praceres, mellor compartidos. Agardamos a vosa colaboración.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Parece que o o paquete de lambetadas deu os seus froitos...