AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, PREMIO NACIONAL DE LITERATURA

Agustín Fernández Paz foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008, do Ministerio de Cultura, polo seu relato O único que queda é o amor. O Premio distingue unha obra escrita en calquera das línguas do Estado español, editada durante o ano 2007.
Entre outros títulos, Fernández Paz é autor de
Cartas de inverno, Amor dos quince anos, Un tren cargado de misterios, No corazón do bosque, Corredores de sombra, Contos por palabras, Rapazas e O raio veloz. (Todas na nosa biblioteca ) http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/BuscaAvanzada.aspx?CodigoBiblioteca=PED078
A narración premiada, O único que queda é o amor, é unha trama que relaciona de xeito aparentemente casual as vidas de diferentes personaxes: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… E todos eles se namoran e descobren que ese sentimento é tan poderoso que pode transformalos e facerlles a vida doutro xeito. Ao mesmo tempo, os protagonistas descobren tamén a amargura que produce o desamor ou a ausencia da persona amada.


ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ

(Fragmento do texto escrito por este autor para celebrar o Día da Biblioteca que se conmemora o 24 de outubro)

Todas as persoas necesitamos as historias, os soños, as palabras, talvez sexa unha característica inscrita no ADN da humanidade. Necesitámolas coma o comer, como beber auga, xaora que si. Para entendermos o mundo e para entendernos a nós mesmos, para soñar outros destinos, para loar os dons que a vida nos dá. Sabemos que non poderiamos vivir sen o alento da imaxinación e da creatividade, sen as palabras que expresan a variedade e a beleza dos nosos desexos e dos nosos sentimentos.Por todo iso, abramos os libros.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
noraboa a Fernández Paz
onde hai calidade, hai que salientalo