MICRORRELATOS SELECCIONADOS

Auga apreixada, un bico, un abrazo, a última caricia, o último adeus. Un final.
Tamara Bautista Martínez 4º ESO A



Chamas ó vento para que che diga como está a filla que marchou nun daqueles barcos.
Laura Gómez Vila 4º ESO B



No sangue quente da túa boca existe o día no que te namorarás de min.
Beatriz Rocha 4ºESO A



No sangue quente da túa boca, afogo eu cada mañá. No sangue quente da túa boca quixera morrer e non espertar.
Andrea Diz Pérez 4º ESO B



Na mol lentura da túa ollada, véxome eu, rogando polo teu amor sen nada conseguir. Ollos, os teus ollos azuis, e sinto o mar, as brisas batendo no meu corazón e renace o amor. Volve o desexo de terte xunto a min.
Ana Sofía Silva Pereira. 4º ESO B



No recunchego do teu corpiño, gardas a miña calor. Que inxenua fun. Enganábasme e eu seguia mollando os teus beizos.
Ester Marínez 4ºESOA



Pombas no niño, recibían os agarimos da súa nai. El observábaos e dábanlle envexa, tan unidos... El non o aturaba, así que foi a casa, colleu a escopeta e matounas. Para desculparse dixo que as pobres pombas estaban a se rir del.
Leticia Fernández Barbosa 4º ESO A



No sangue quente da túa boca encontro o meu acougo. A túa pel chama a gritos pola mornura da miña. Quero terte ata que o sol adormeza no teu leito e amenza nos teus cabelos.
Estefanía Álvarez 3 PDC



Chamas ó vento foron as que soltou meu avó cando viu que a auga da choiva lle botou a perder un campo enteiro de patatas.
Natividad Muiños 4ºESOB
...PROXIMAMENTE INDICAREMOS CALES SON OS TRES PRIMEIROS PREMIOS. IDE FACENDO CÁBALAS, ESTÁN ENTRE OS SELECCIONADOS.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Da gusto comprobar que en este mundo todavía queda espacio para la fantasía y el amor.