O FLORIDO PENSIL

O grupo de teatro do noso instituto deleitounos hai uns días coa representación de O florido pensil adaptación dunha obra de Andrés Sopeña.
Este ano fixeron dúas representacións na Área Panorámica de Tui, unha para todo o alumnado do centro e outra aberta a toda a cidade, da que gozaron especialmente os familiares e amigos destes marabillosos actores co que conta o noso instituto.
Este venres comezan xira en Lugo, despois irán a Vigo e o que vaia xurdindo.
Recollo unha reflexión entorno á obra dun dos directores, Pepe, tamén profesor de Lingua galega e literatura :
¿Que é a vida? Teatro en estado puro. Unha peza en diferentes actos e con cada escena máis real que a propia vida.
O florido pensil, si que é realidade extrema, cun grupo de actores que son "pezas" moi preciadas, ¡que pezas! Eles son os encargados de facernos revivir as anécdotas da escola da época franguista.
Unha época na que se priorizaba a chapatoria memorística cun marcado ton ideolóxico nacional católico e na que, o que non era pecado, podía chegar a selo en calquera momento.
Época na que a lingua galega, a propia de Galicia, non florecía dentro daquelas aulas, pero si agromaba con forza o castelán no profesorado e o castrapo naquel alumnado asoballado a todos os niveis.
Todo isto, e moito máis podemos observar na obra, dentro dun ambiente de humor e animación, malia os malos tempos para a lírica.



Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Menuda peza!!!!!

y sobretodo....... menudas piezas!!!
Gracias a Rita, Tamarilla, Pablito, Erica y Fatimilla por todos esos momentos compartidos a lo largo del año, FUE UN PLACER poder acompañaros en esta andadura.

MUCHA SUERTE PARA TODOS

LAriticilla