Alfonso Álvarez Cáccamo fala do seu pai


O profesor e escritor Alfonso Álvarez Cáccamo contoulle ao alumnado do noso centro a súa particular e afectiva visión do seu pai, Xosé María Álvarez Blázquez, escritor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Díxonos cousas coma estas:

Nós tivemos a sorte de non ser ricos.

Non había diñeiro pero había moito amor e humor.

Na casa do meu pai tiñan unha magnífica biblioteca.

O fusilamento do meu avó foi un golpe brutal para toda a miña familia.

O meu pai era un grande amante da conversa e tiña inquedanzas por todas as cousas da natureza.

Era un home moi caseiro, moi modesto e por iso foi esquecido durante tanto tempo.

A disciplina que máis me sorprende de entre todas as que cultivou é a de arqueólogo, pero de todos os ámbitos quedo con meu pai como poeta.

O seu libro Canle segredo, escrito no ano 1953, é unha clara mostra de poesía social.

Tedes a noticia publicada en Faro de Vigo sobre a charla neste enlace:

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008042900_3_220416__Comarcas-Humor-amor-Alvarez-Blazquez

Comentarios